RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ASNOSAS

Irene Ferreras: "Sigo respirando entusiasmo e bo ánimo"

Irene Ferreras compareceu esta mañá na sala de prensa de Abegondo a modo de previa ao enfrontamento contra a SD Eibar. A pesar do recente anuncio do próximo rival da Copa de la Reina, o Real Betis, Irene mantense centrada no encontro ligueiro en Ipurúa: "é bonito vivir o sorteo, pero non pomos a vista niso de momento".

No referente ao rival deste domingo 20 de outubro ás 12:00 (Dazn), a SD Eibar, Irene asegura que "con Yeray (o seu adestrador) está a facerse un moi bo traballo", "é un equipo moi intenso e trataremos de acertar na formulación de partido", engade. Tamén aproveita para aplaudir a evolución no fútbol feminino e o feito de que se xogue en mellores estadios: "É bonito ver como se dá continuidade aos proxectos e como melloran ano tras ano".

A adestradora deportivista alégrase de obter a primeira vitoria na Liga F: "Xa nos apetecía gañar e isto deunos moita confianza" e céntrase no traballo realizado para obtela. "Sigo respirando entusiasmo e bo ánimo", conclúe.

Por último, Ferreras valora positivamente o feito de ter baixas por compromisos internacionais: "bendito problema o ter no cadro xogadoras internacionais". "Traballamos da man coas federacións para que todo conflúa o mellor posible", engade neste sentido.