RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#OSNOSOS

Iván Barbero: Calquera persoa que viu un pouco de fútbol sabe o que é o Dépor

Iván Barbero Gonzálvez (Roquetas de Mar, Almería, 17 de agosto de 1998) foi presentado esta mañá como novo xogador do RC Deportivo para as 2 próximas temporadas, até xuño de 2025.

En primeiro lugar, o dianteiro deportivista pousou coa súa nova camiseta no campo principal de Abegondo acompañado por Fernando Soriano.

Xa na sala de prensa, o Director Deportivo branquiazul lembrou que Iván Barbero "se formou na canteira do Almería. Fichou despois polo CA Osasuna; foi cedido un ano ao AD Alcorcón; volveu a Osasuna, onde xogou en Primera RFEF, Primera División, Copa do Rei; e agora vai formar parte da nosa dianteira".

Pola súa banda, Iván Barbero resalta que "calquera persoa que viu un pouco de fútbol sabe o que é o Dépor. Tes ofertas de moitos equipos pero unha vez que tes esta encima da mesa, tampouco tes que pensalo moito".

Nesta liña, subliña que polo que viviu esta semana no seu debut con motivo do Memorial Arsenio Iglesias, "un martes, amigable e 8.000 persoas é unha barbaridade, dásche conta da dimensión que ten este Club. Temos que grupalmente estar motivados, preparados para iso e afrontalo coa máxima positividad posible para en ABANCA-RIAZOR saír ao cento por cento e dalo todo".

Confesa que a súa adaptación "está a ser bastante rápida pola dinámica do adestramento, polos compañeiros, polo amables que son, por como me integraron... Estou encantado".

O novo dianteiro deportivista conta que ven ao Dépor a "achegar todo o que poida ao equipo, tanto en ataque como en defensa. Sei que para un dianteiro sempre é importante facer gol, que che dá ese plus de confianza. Estou súper contento de poder converter dous goles o outro día".

Ve como "unha responsabilidade e tamén motivación" o feito de que no Dépor xa non estean futbolistas que a campaña pasada marcaron goles: "Veño a un club onde hai unha responsabilidade alta; e con esas ganas, esa ambición de demostrar que podo dar moito a este equipo e que podo facer bastantes goles".

Barbero opina que a presenza de Lionel Scaloni o pasado martes en ABANCA-RIAZOR "representa o que é este club e os xogadores que pasaron por aquí. Iso no día a día e cada fin de semana hai que honralo".

Considérase "un dianteiro bastante completo. Por arriba vou ben, leo ben o xogo e na área sempre tento buscar o meu oco para xerar o perigo que poida".

Finalmente, aprecia un Dépor "bastante completo. É certo que hai que competir, que ningún equipo nolo vai a pór fácil na categoría, pero nestes primeiros días vexo bastante bastante nivel"; e de Lucas Pérez afirma que "é un privilexio xogar ao seu lado, aprender del e velo no día a día".