RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#OSNOSOS

Jaime Sánchez renova polo Dépor até 2025 na súa cuarta temporada en ABANCA-RIAZOR

Jaime Sánchez Muñoz (Chiclana de la Frontera, Cádiz, 11 de marzo de 1995) renovou o seu compromiso co RC Deportivo até xuño de 2025.

Así pois, o polivalente futbolista andaluz, que en ABANCA-RIAZOR actuou até a data de central, lateral e mediocentro, cumprirá a súa cuarta temporada vestindo a camiseta branquiazul.

Na súa primeira campaña na Coruña (2021-22) xogou 28 partidos de liga, cun gol anotado; e 2 partidos de promoción de ascenso a Segunda División.

A seguinte, 2022-23, participou en 27 partidos de liga e 2 de promoción de ascenso. E nesta temporada 2023-24 que finaliza o 30 de xuño xogou 20 partidos de liga nos que anotou 1 gol, 2 da Final de Campións e 1 de Copa del Rey, ante o CD Tenerife en ABANCA-RIAZOR.

O defensa central gaditano chegou ao Dépor despois de finalizar contrato co CE Sabadell, co que competiu a campaña 2020-2021 na segunda categoría do fútbol nacional participando en 32 partidos.

Jaime formouse na EF Sancti Petri (2002-2009), equipo desde o que deu o salto ao Cádiz CF, en cuxas categorías inferiores militou durante tres temporadas (2009-2012). Entón foi fichado polo Real Madrid, onde finalizou o seu ciclo xuvenil e despois formou parte do Real Madrid C e do Real Madrid Castilla, ambos en Segunda División B.

Despois dunha cesión á CE Sabadell no curso 2016-2017, en 2018 incorporouse ao Real Valladolid para xogar co seu equipo filial, co que chegou a disputar o playoff de ascenso a Segunda División na súa segunda campaña, a 2019-2020.

O defensa andaluz alcanzou a internacionalidad sub-17 (5 partidos en 2012), sub-18 (2 en 2013), sub-19 (12 entre 2013 e 2014) e sub-21 (1 en 2014). Coa selección española sub-19 disputou a fase final do Campionato de Europa de 2013, xunto a un exdeportivista como José Rodríguez, na que España caeu ante Francia en semifinais.