RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#OSNOSOS

Jose Ángel incorpórase ao traballo de grupo na primeira sesión do Dépor correspondente á terceira semana de pretemporada

Jose Ángel realizou esta mañá, na primeira sesión do Dépor correspondente á terceira semana de pretemporada, todo o traballo co resto dos seus compañeiros.

O mediocentro andaluz, que acabou a pasada temporada lesionado, arrincou este verán co readaptador Fernando Rodríguez e entra na recta final da súa completa recuperación.

Imanol Idiakez dispuxo após unha activación un roldo de presión e un xogo de posición con porterías.

Está con adestramento individualizado Raúl Alcaina; mentres que Petxarromán e Escudero fixeron unha parte co readaptador e a outra parte co resto do equipo.

De feito, na súa presentación esta mesma mañá, Sergio Escudero confesou que nestes primeiros días de traballo en Abegondo "quero porme un pouco a punto".

Hugo Ríos, Rubén, Pablo García, Kevin Sánchez e Álex Alfaro foron os representantes de ANOSACANTEIRA.

Mañá martes toca día intenso con adestramento pola mañá en Abegondo ás 10:30 e partido pola tarde no Couto ante o Ourense CF (20:00) no primeiro test de pretemporada.

GALERÍA DE FOTOS EN FACEBOOK