RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#OSNOSOS

Luis Chacón, novo xogador do Dépor

Luis Rodríguez Chacón (Pontedeume, A Coruña, 30 de maio de 2000) converteuse en novo xogador do RC Deportivo. Firma até xuño de 2028.

Chacón, que pode actuar practicamente en calquera posición da fronte de ataque, formouse nas categorías inferiores do Racing Club Ferrol, con cuxo primeiro equipo debutou na desaparecida Segunda B con só 16 anos, o 27 de novembro de 2016 fronte ao UD Somozas.

Após acabar a súa etapa formativa no club ferrolán foi cedido durante dúas campañas precisamente ao UD Somozas, no grupo I de Terceira División (58 partidos e 10 goles), antes de reincorporarse ao Racing Club Ferrol ao comezo do curso 2021-2022. Na seguinte campaña, a 2022-2023, foi un dos xogadores máis destacados do equipo departamental na temporada do seu ascenso a Segunda División após 15 anos sen pisar o fútbol profesional.

O pasado curso asinou polo CD Arenteiro, co que protagonizou unha gran temporada no grupo I de Primera Federación. Recentemente ascendido, o conxunto do Carballiño (Ourense) finalizou o campionato na oitava posición. Chacón foi peza crave nese gran rendemento, xa que participou en 36 dos 38 encontros, 34 de inicio, e marcou 10 goles, que lle erixiron no máximo goleador do conxunto verde.

O futbolista eumés totaliza 90 encontros, 54 deles como titular, e 15 goles no terceiro chanzo do fútbol nacional. Ademais, disputou 4 encontros de Copa del Rey e 2 de playoff de ascenso a Segunda División.