RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ANOSAFORZA

Máis de 3.500 renovacións nas primeiras sete horas da campaña de abonos 24/25

O deportivismo continúa demostrando o seu espectacular respaldo ao equipo dos seus amores, superando as 3.000 renovacións de carnés nas primeiras sete horas de campaña de abonos para a temporada 24-25, que arrancou este mesmo mediodía.

Desde a apertura da campaña, ás 12:00 horas deste luns 8 de xullo, até as 19:00 horas producíronse 3.537 renovacións de abonos.

Preto dun milleiro de deportivistas tamén se abonan ao Dépor ABANCA

Neste arranque da campaña 24-25 tamén recibiu un sensacional apoio o Abono #ASNOSAS.

O deportivismo quere estar á beira do Dépor ABANCA no seu regreso á máxima categoría nacional. Así o demostra o feito de que nestas primeiras 7 horas de campaña foron 859 deportivistas os que abonaron o suplemento para poder acudir aos partidos de #ASNOSAS.