RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
TERESA HERRERA

Mañá de actos protocolarios previos ao Trofeo Teresa Herrera

Como é tradicional, a mañá previa ao comezo do Trofeo Teresa Herrera está dedicada aos actos protocolarios.

Concretamente este venres 9 de agosto ás 13:00 horas terá lugar unha ofrenda floral a Teresa Herrera, filántropa coruñesa que dá nome ao decano dos torneos estivais no mundo, na igrexa de San Nicolás, onde repousan os seus restos mortais.

A continuación, ás 13:45, o epicentro trasládase ao Palacio Municipal na Praza de María Pita.

Os equipos participantes serán recibidos pola corporación municipal da cidade encabezada pola alcaldesa Inés Rey. Haberá intercambio de agasallos entre os clubs e o Concello da Coruña.

Por parte do RC Deportivo asistirán os conselleiros Carlos Ballesta e Vicente Fernández; ademais do Jan Wappler, Director Corporativo.