RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#OSNOSOS

Martín Ochoa cualifica ás novas fichaxes como espectaculares dentro e fóra do campo

Martín Ochoa, que se pasou este venres 26 de xullo pola sala de prensa de Abegondo, ten claro que as novas incorporacións son "espectaculares dentro e fóra do campo".

A nivel persoal, confesou estar "moi contento, moi feliz de volver a adestrar e con ganas de que chegue a fin de semana para poder xogar outro partido", en referencia ao segundo amigable da DéporXira Auga de Parada deste sábado 27 de xullo ás 20:00 horas (YouTube RC Deportivo) en Pasarón ante o Pontevedra CF.

Superada a lesión que o tivo fóra do fútbol varios meses a temporada pasada subliña estar "moi contento. Esta pretemporada empeceina moi feliz porque o que me tiven que operar foi un problema moi grave. Agora estou moi feliz de resolvelo".

Ve a competencia no seu posto como normal porque "estamos a falar do Dépor. Sempre vai habela. É un equipo histórico, así que non me preocupa. É bo para o Club, para #ANOSAFORZA e para os resultados".

Iso si, o dianteiro deportivista considera que "o obxectivo é seguir adestrando día a día. O club confía en min e eu confío neles".

Ilusionado polo ascenso a LaLiga Hypermotion, recalca que "a todo futbolista gústalle xogar nunha categoría maior", aínda que iso si, prefire ir día a día: "Cada cousa ao seu tempo. Agora estamos na pretemporada e estou concentrado agora mesmo no adestro de hoxe e no partido contra o Pontevedra CF", conclúe.