RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ASNOSAS

Michi Apóstol desnivela a favor do Dépor ABANCA B en Lugo

Michi Apóstol (na foto inferior) foi a gran protagonista do triunfo do Dépor ABANCA B en Lugo (1-2), en partido correspondente á 18ª xornada en Tercera Federación FutFem.

A internacional venezolana, que chegou esta semana no mercado de inverno, baixou ao filial para acelerar o seu proceso de adaptación ao fútbol europeo. "Necesita climatación. É unha xogadora que vén de fóra, con outra filosofía de xogo. A nivel metodolóxico ten que adaptarse a moitas cousas e imos ser prudentes", subliñou Irene Ferreras en rolda de prensa o pasado venres. "Queremos que tamén vaia rodándose e a partir de aí cando chegue o momento, se o consideramos oportuno, darémoslle a oportunidade", engadiu a preparadora branquiazul.

No campo lucense da Cheda, Michi Apóstol relevou a Sara Cercido após o descanso, con 0-0 no marcador. Ao poucos minutos de entrar asistiu a Paula Monteagudo para o primeiro gol e anotou ela o segundo no minuto 63, definitivo posto que as lucenses recortaron as diferenzas no 84.

Óscar Orro non puido contar con Carmen Carballada, Lucía Rivas e Noela, que si viaxaron co primeiro equipo a Lleida.

Con este resultado, o filial branquiazul suma 38 puntos na 2ª posición da clasificación.

Deportivo ABANCA B: Martina Rivas, Noelia Mayo, María Calvo, Uxía López, Lucía Mariño, Laura Testa, Sara Cercido, Maca González, Laura Otero, Paula Monteagudo e Elena López 'Cusi'. Tamén xogaron: Emma Gandoy, Paula Novo, Michi Apóstol, Laura Santos e Ivana Fernández. 

O vindeiro domingo ás 11:30, o Dépor ABANCA B recibe en Abegondo ao Lóstrego CF.

Esta semana que hoxe conclúe, Emma Gandoy, Laura Santos, Noelia Mayo, Ana Capelo, Lucía Rivas, Macarena González e Sara Cercido adestráronse coa selección galega sub-17 no campo da Braña, en Rois.

Os resultados até a data do Deportivo ABANCA B son os seguintes:

Deportivo ABANCA B 2 (Lucía Rivas -2-) - Victoria FC 1
Umia CF 0 - Deportivo ABANCA B 1 (Uxía López)
Deportivo ABANCA B 5 (Lucía Rivas, Elena López 'Cusi', Laura Otero -2- e Laura Testa) - CD Lugo 0
Lóstrego CF 1 - Deportivo ABANCA B 0
Gijón FF 0 - Deportivo ABANCA B 3 (Macarena González, Uxía López e Laura Otero)
Deportivo ABANCA B 5 (Laura Otero -2-, Lucía Rivas, Uxía López e Laura Santos) - Real Oviedo Femenino B 0
Sárdoma CF 1 - Deportivo ABANCA B 2 (Elena López 'Cusi' e María Calvo)
Deportivo ABANCA B 4 (Sara Cercido, Paula Monteagudo, Lucía Rivas e Laura Otero) - Sporting de Gijón B 2
Victoria CF 3 - Deportivo ABANCA B 4 (Carmen Carballada -2-, Lucía Rivas e Elena López 'Cusi')
Deportivo ABANCA B 5 (Noela -3-, Lucía Rivas e Paula Monteagudo) - CD Bovedana 1
Olímpico de León 3 - Deportivo ABANCA B 3 (Noela -3-)
Deportivo ABANCA B 2 (Paula Monteagudo e Laura Testa) - PM Friol 2
Real Avilés CF 3 - Deportivo ABANCA B 1 (Lucía Rivas)
Deportivo ABANCA B 2 (Noela -2-) - UD Mos 1
UD Llanera 2 - Deportivo ABANCA B 1 (Laura Otero)
Victoria FC 1 - Deportivo ABANCA B 0
Deportivo ABANCA B 4 (Ana Capelo, Sara Cercido e Paula Monteagudo -2-) - Umia CF 1
CD Lugo 1 - Deportivo ABANCA B 2 (Paula Monteagudo e Michi Apóstol)