Nova sesión de adestramento para o Dépor nada máis baixar do avión procedente de Alacante
Nada máis aterrar o avión en Galicia, o Deportivo trasladouse á Cidade Deportiva para realizar unha nova sesión de adestramento.
Os titulares onte en Cartagonova tiveron tarefas de recuperación, con ximnasio e fisioterapia, tras realizar algúns deles a activación e os rondos no campo 2.
Para o resto do persoal houbo ademais un exercicio de posición e fútbol en espazo reducido, de alta intensidade.
Estiveron á marxe do grupo Jose Ángel e Mfulu.
Óscar Gilsanz concedeu dous días de descanso ao seu persoal nunha semana longa, posto que a próxima cita ligueira será o luns 11 de novembro ás 20:30 en ABANCA-RIAZOR ante a SD Eibar.
O Dépor regresa ao traballo o mércores 6 de novembro ás 11:00 en Abegondo.