RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#OSNOSOS

Nova sesión en Portugal para Os Nosos, traballando moi forte para chegar á liga o mellor posible

Superados os dous primeiros partidos ante dous 'primeira división' portuguesa, FC Famalicão e Gil Vicente FC, ademais de maneira consecutiva, o Dépor encara a recta final da concentración en Portugal que concluirá este sábado 3 de agosto.

Onte mércores ante os medios de comunicación, Eric Puerto advertiu que "non é fácil vir aquí a Portugal, xogar contra xente que non coñeces, as ligas cambian moito".

O meta deportivista pensa que o equipo "está a reaccionar moi ben. Temos moita carga física" e sostén que "día a día está a traballar moi forte para chegar ao primeiro partido de liga o mellor posible".

Só Raúl Alcaina segue con traballo personalizado supervisado polo readaptador Fernando Rodríguez.

A xornada de hoxe consistiu nunha activación con rondos e un exercicio de finalizacións para os futbolistas con menos minutos onte en Barcelos ante o Gil Vicente FC.

Mañá venres 2 de agosto o Dépor adestrarase de novo a partir das 10:30 horas no Complexo Deportivo de Lousada.

GALERÍA DE FOTOS EN FACEBOOK