RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#OSNOSOS

Nova sesión matinal dun Dépor que persegue facer un grupo, que é o que nos levou a ascender

O Dépor completou esta mañá unha nova sesión de traballo en Abegondo.

En rolda de prensa o canteirán Martín Ochoa, para todos os efectos xogador do primeiro cadro tal e como asegurou o Director Deportivo Fernando Soriano, marca como obxectivos "facer un grupo, que é o que nos levou a ascender; adestrar día a día e a fin de semana ir coa máxima ilusión posible ao partido".

Con esta premisa, Imanol Idiakez dispuxo dunha tarefa táctica após unha roda de pases, para concluír cun partido en espazos amplos.

Álex Petxarroman fixo unha parte co grupo e outra co readaptador Fernando Rodríguez; mentres que Mario Soriano e Raúl Alcaina están con traballo personalizado.

Rubén López, Kevin Sánchez e Pablo García foron os representantes de #ANOSACANTEIRA.

Mañá sábado 27 de xullo está previsto adestramento matinal na Cidade Deportiva a partir das 10:30 e o segundo amigable da DéporXira Auga de Parada pola tarde, concretamente a partir das 20:00 horas en Pasarón ante o Pontevedra CF (Youtube RC Deportivo).

GALERÍA DE FOTOS EN FACEBOOK