RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ANOSAFORZA

O Club, que se achega aos 19.000 socios, sortea unha camiseta aos que renovasen antes desta noite ás 23:59 

O Club encamíñase aos 19.000 socios posto que a día de hoxe, un total de 18.858 persoas xa renovaron o seu abono para a presente temporada.

Delas, 4.359 afeccionados adquiriron tamén o seu abono para o Dépor ABANCA de Liga F e 3.991, para os partidos do HC Liceo.

Todos aqueles socios que renovasen o seu abono antes desta noite ás 23:59 participarán no sorteo dunha camiseta.

A renovación de abonos é exclusivamente online na páxina https://xerion.rcdeportivo.es/operativa/renovacion as 24 horas do día. Presencialmente atenderase na Oficina de Atención ao Deportivismo (OAD) do Estadio ABANCA-RIAZOR a aquelas persoas abonadas que non puideron realizar o trámite de maneira online ou por transferencia por algunha causa de forza maior.

As persoas abonadas da pasada temporada manterán a reserva do seu asento até o domingo 28 de xullo (por transferencia bancaria, até o venres 26 de xullo ás 13:00 horas e online até o domingo 28 de xullo até as 23:59 horas). A partir do luns 29 de xullo todas as localidades que non fosen renovadas serán liberadas para que os socios e socias poidan cambiar a súa localización ou asignar un novo asento. Os días de cambio de localidade e modalidade (de abono simpatizante a abono con localidade) serán do 30 de xullo ao 8 de agosto, exclusivamente para socios e socias da temporada pasada.

Clica aquí para ver toda a información sobre a campaña de abonos 2024/25

Clica aquí para ver o dossier da campaña de abonos 2024/25