RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ASNOSAS

O Dépor ABANCA B celebra con triunfo ante o UD Mos a renovación de Paula Novo e Marta Rico

O Dépor ABANCA B celebrou cun triunfo en Abegondo ante o UD Mos (2-1), no primeiro partido de liga do ano 2024 en Tercera Federación FutFem, a recente renovación de Paula Novo e Marta Rico.

A protagonista deste partido correspondente á 14ª xornada de liga foi Noela (na foto na fila inferior a primeira futbolista empezando pola dereita). A atacante deportivista anotou os 2 tantos do seu equipo, o último deles xa no minuto 90, decisivo para que os 3 puntos quedasen na Cidade Deportiva.

Con este resultado, o conxunto que dirixe Óscar Orro suma 32 puntos na 2ª posición da táboa, a 8 do líder, o Real Avilés CF.

Dépor ABANCA B: Nuria Gómez, Noelia Mayo, María Calvo, Elena Vázquez, Laura Santos, Sara Cercido, Carmen Carballada, Laura Otero, Paula Monteagudo, Elena López 'Cusi' e Noela. Tamén xogaron: Macarena González, Laura Testa, Emma Gandoy e Paula Novo.

A próxima fin de semana, o filial visita ao UD Llanera. 

Os resultados até a data do Deportivo ABANCA B foron os seguintes:

Deportivo ABANCA B 2 (Lucía Rivas -2-) - Victoria FC 1
Umia CF 0 - Deportivo ABANCA B 1 (Uxía López)
Deportivo ABANCA B 5 (Lucía Rivas, Elena López 'Cusi', Laura Otero -2- e Laura Testa) - CD Lugo 0
Lóstrego CF 1 - Deportivo ABANCA B 0
Gijón FF 0 - Deportivo ABANCA B 3 (Macarena González, Uxía López e Laura Otero)
Deportivo ABANCA B 5 (Laura Otero -2-, Lucía Rivas, Uxía López e Laura Santos) - Real Oviedo Femenino B 0
Sárdoma CF 1 - Deportivo ABANCA B 2 (Elena López 'Cusi' e María Calvo)
Deportivo ABANCA B 4 (Sara Cercido, Paula Monteagudo, Lucía Rivas e Laura Otero) - Sporting de Gijón B 2
Victoria CF 3 - Deportivo ABANCA B 4 (Carmen Carballada -2-, Lucía Rivas e Elena López 'Cusi')
Deportivo ABANCA B 5 (Noela -3-, Lucía Rivas e Paula Monteagudo) - CD Bovedana 1
Olímpico de León 3 - Deportivo ABANCA B 3 (Noela -3-)
Deportivo ABANCA B 2 (Paula Monteagudo e Laura Testa) - PM Friol 2
Real Avilés CF 3 - Deportivo ABANCA B 1 (Lucía Rivas)
Dépor ABANCA B 2 (Noela -2-) - UD Mos 1