RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ASNOSAS

O Dépor ABANCA B non pode co líder, o Real Avilés CF, no último partido do ano 2023

O Dépor ABANCA B non puido (3-1) co líder, o Real Avilés CF, en partido correspondente á 13ª xornada no grupo 1º de Tercera Federación FutFem.

O encontro decidiuse no tramo inicial. As asturianas adiantáronse no minuto 11 pero igualou Lucía Rivas aos 19 minutos. No entanto, as locais puxeron terra polo medio con dous novos goles case consecutivos nos minutos 22 e 23.

A partir de aí foi un quero e non podo do Dépor ABANCA B, incapaz de acurtar diferenzas ante un Real Avilés CF sólido que colle vantaxe á fronte da clasificación con 37 puntos.

Pola súa banda, o conxunto de Óscar Orro queda provisionalmente na 2ª posición da táboa con 29 puntos, pendente do que faga mañá domingo o Lóstrego CF, 3º con 28, na súa visita ao UD Mos.

Deportivo ABANCA B: Martina Rivas, Elena Vázquez, Laura Testa, Carmen Carballada, Laura Otero, María Calvo, Lucía Mariño, Sara Cercido, Paula Monteagudo, Lucía Rivas e Laura Santos. Tamén xogaron: Noela, Elena López 'Cusi', Macarena González e Celia Sousa.

A competición detense até a primeira fin de semana de xaneiro de 2024, no que o Dépor ABANCA B recibirá en Abegondo ao UD Mos. 

Os resultados até a data do Deportivo ABANCA B foron os seguintes:

Deportivo ABANCA B 2 (Lucía Rivas -2-) - Victoria FC 1
Umia CF 0 - Deportivo ABANCA B 1 (Uxía López)
Deportivo ABANCA B 5 (Lucía Rivas, Elena López 'Cusi', Laura Otero -2- e Laura Testa) - CD Lugo 0
Lóstrego CF 1 - Deportivo ABANCA B 0
Gijón FF 0 - Deportivo ABANCA B 3 (Macarena González, Uxía López e Laura Otero)
Deportivo ABANCA B 5 (Laura Otero -2-, Lucía Rivas, Uxía López e Laura Santos) - Real Oviedo Femenino B 0
Sárdoma CF 1 - Deportivo ABANCA B 2 (Elena López 'Cusi' e María Calvo)
Deportivo ABANCA B 4 (Sara Cercido, Paula Monteagudo, Lucía Rivas e Laura Otero) - Sporting de Gijón B 2
Victoria CF 3 - Deportivo ABANCA B 4 (Carmen Carballada -2-, Lucía Rivas e Elena López 'Cusi')
Deportivo ABANCA B 5 (Noela -3-, Lucía Rivas e Paula Monteagudo) - CD Bovedana 1
Olímpico de León 3 - Deportivo ABANCA B 3 (Noela -3-)
Deportivo ABANCA B 2 (Paula Monteagudo e Laura Testa) - PM Friol 2
Real Avilés CF 3 - Deportivo ABANCA B 1 (Lucía Rivas)