RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ASNOSAS

O Dépor ABANCA B volve á senda do triunfo após superar ao Umia CF

Despois de dúas derrotas consecutivas, o Dépor ABANCA B volveu en Abegondo ante o Umia CF (4-1) á senda da vitoria, en partido correspondente á 17ª xornada en Tercera Federación FutFem.

Ana Capelo, Sara Cercido e Paula Monteagudo -2- foron as goleadoras branquiazuis.

O partido non foi tan sinxelo como reflicte o marcador, posto que os dous últimos tantos deportivistas chegaron nos últimos 3 minutos.

Con este resultado, o equipo que prepara Óscar Orro recupera a 2ª praza da categoría con 35 puntos, de momento moi afastado (12 puntos) do líder, o Real Avilés CF.

Foron titulares Carmen Carballada e Noela, que sentaron pola mañá no banco do Dépor ABANCA e non chegaron a saltar ao terreo de xogo. Lucía Rivas, que xogou a última media hora onte co primeiro equipo, estivo tamén co filial pero animando desde a bancada.

Dépor ABANCA B: Martina Rivas, Noelia Mayo, María Calvo, Uxía López, Laura Santos, Carmen Carballada, Sara Cercido, Laura Otero, Paula Monteagudo, Lucía Mariño e Noela. Tamén xogaron: Ana Capelo, Elena López 'Cusi', Laura Testa, Celia Sousa e Ivana Fernández.

A próxima fin de semana, o Dépor ABANCA B visita ao CD Lugo aínda que antes, Emma Gandoy, Laura Santos, Noelia Mayo, Ana Capelo, Lucía Rivas, Macarena González e Sara Cercido están convocadas coa selección galega sub-17 a un adestramento o martes 30 de xaneiro ás 17:00 no campo da Braña, en Rois.

Os resultados até a data do Deportivo ABANCA B son os seguintes:

Deportivo ABANCA B 2 (Lucía Rivas -2-) - Victoria FC 1
Umia CF 0 - Deportivo ABANCA B 1 (Uxía López)
Deportivo ABANCA B 5 (Lucía Rivas, Elena López 'Cusi', Laura Otero -2- e Laura Testa) - CD Lugo 0
Lóstrego CF 1 - Deportivo ABANCA B 0
Gijón FF 0 - Deportivo ABANCA B 3 (Macarena González, Uxía López e Laura Otero)
Deportivo ABANCA B 5 (Laura Otero -2-, Lucía Rivas, Uxía López e Laura Santos) - Real Oviedo Femenino B 0
Sárdoma CF 1 - Deportivo ABANCA B 2 (Elena López 'Cusi' e María Calvo)
Deportivo ABANCA B 4 (Sara Cercido, Paula Monteagudo, Lucía Rivas e Laura Otero) - Sporting de Gijón B 2
Victoria CF 3 - Deportivo ABANCA B 4 (Carmen Carballada -2-, Lucía Rivas e Elena López 'Cusi')
Deportivo ABANCA B 5 (Noela -3-, Lucía Rivas e Paula Monteagudo) - CD Bovedana 1
Olímpico de León 3 - Deportivo ABANCA B 3 (Noela -3-)
Deportivo ABANCA B 2 (Paula Monteagudo e Laura Testa) - PM Friol 2
Real Avilés CF 3 - Deportivo ABANCA B 1 (Lucía Rivas)
Deportivo ABANCA B 2 (Noela -2-) - UD Mos 1
UD Llanera 2 - Deportivo ABANCA B 1 (Laura Otero)
Victoria FC 1 - Deportivo ABANCA B 0
Deportivo ABANCA B 4 (Ana Capelo, Sara Cercido e Paula Monteagudo -2-) - Umia CF 1