O Dépor ABANCA bate marcas de asistencia na Liga F
O encontro en ABANCA-RIAZOR que enfrontou ás Nosas co FC Barcelona rexistrou a mellor asistencia de todos os partidos disputados en Liga F durante a temporada 2024-25 e o recente partido fronte ao Betis Féminas sitúase como quinto no ranking e primeiro sen contar partidos do Barça e Real Madrid. En asistencia total acumulada, ABANCA-RIAZOR ten o maior rexistro até a data na presente campaña con 8.857 persoas.
#ANOSAFORZA segue superándose día após día, esta vez na parcela feminina. A reestrea na máxima categoría do fútbol feminino congregou a nada menos que 7.364 persoas en ABANCA-RIAZOR. Esta cifra mantense como a maior entrada nun partido de Liga F no transcurso da actual campaña 2024-25.
Doutra banda, o enfrontamento do pasado domingo fronte ao Real Betis Balompé Femenino rexistrou unha asistencia de 1.493 espectadores, converténdose no quinto partido máis multitudinario desta temporada e o primeiro en partidos alleos ao FC Barcelona e ao Real Madrid.
Desta maneira, o Dépor ABANCA, especialmente en ABANCA-RIAZOR, sitúase como un dos equipos con maior apoio da afección no seu reencontro coa Liga F.