O Dépor ABANCA non pode cunha SD Eibar máis acertada en ataque
O Dépor ABANCA non puido (1-2) coa SD Eibar de Liga F nun amigable disputado na localidade cántabra de Unquera.
Irene Ferreras non puido contar coas lesionadas Henar e Lucía Martínez; nin coas internacionais Marina Artero e Olaya, que a próxima semana poñen rumbo ao Mundial sub-20 de Colombia coa selección española.
A primeira parte foi moi igualada, con escasas opcións de gol nas dúas porterías.
Adiantouse a SD Eibar ao fío do descanso cun tanto de Carla, que aproveitou un balón morto na área após un saque de esquina para bater a Yohana.
Após o descanso, Irene Ferreras comezou a mover o banco coa entrada de Inês Pereira, Samara, Elena, Millene e Ainhoa Marín.
No entanto, foron as eibarresas as que volveron marcar no minuto 63 por mediación de Monnechi. Recibe libre de marca ante Inês Pereira e, após unha vaselina á internacional portuguesa, marca a porta baleira.
O Dépor ABANCA tirou de corazón e logrou recortar diferenzas grazas a ADT. A dianteira deportivista, que relevou minutos antes a Ainhoa Marín, colle as costas á defensa da SD Eibar e bate á porteira vasca no minuto 79.
Non houbo tempo para polo menos lograr o empate aínda que o resultado é o de menos en pretemporada.
Deportivo ABANCA: Yohana (Inês Pereira, min. 46), Cris Martínez (Samara, min. 46), Raquel (Paula Novo, min. 70), Vera, F. Lara (Elena, min. 46), Paula Gutierrez (Carmen Carballada, min. 85), Eva Dios, Carlota (Millene, min. 46), Hmírová (Lucía Rivas, min. 85), Altuve e Bárbara (Ainhoa Marín, min. 46 e ADT, min. 70)