O mellor partido que se pode ver agora mesmo na Primera Federación Iberdrola, o que enfronta ao Deportivo ABANCA (líder) co FC Barcelona B (2º clasificado), xogouse hoxe sábado no campo 7 da Cidade Deportiva Joan Gamper.
E non defraudou. As azulgrana, que fixeron valer a súa tremenda pegada en ataque, quedaron os 3 puntos nun partido repleto de goles (6-2).
A pesar da derrota, o Dépor ABANCA mantense á fronte da táboa con 47 puntos por 45 agora do FC Barcelona B; e á espera do que faga o RCD Espanyol (3º con 41 puntos) mañá en Alhama de Murcia.
Irene Ferreras na rolda de prensa non ocultou as ganas do seu equipo en derrotar por primeira vez nestas dúas temporadas ao FC Barcelona B.
E non puido empezar peor. Aos 7 minutos, a atacante azulgrana Ari Arias puña en vantaxe ao seu equipo após recibir un bo pase ás costas e definir ben no man a man.
Pouco despois, Julia Bartel puña o 2-0 despois de xutar ao segundo pau após un saque de esquina.
O Barça B dominaba e, sobre todo, mostraba unha gran efectividade nas áreas.
A primeira para o Dépor ABANCA foi para Laurina de cabeza, preámbulo no entanto do 3-0 catalán obra de Dragoni, nun bo golpe desde a frontal da área. Corría o minuto 33.
Tiraron de corazón As Nosas para recortar diferenzas. Millene, unha futbolista en estado de graza, volea por todo o recanto un saque de falta de Lucía Martínez.
O partido podía cambiar se Ainhoa Marín acertase ante a porteira azulgrana Meri Muñoz, pero o seu intento de vaselina quedou curta.
Con esta boa ocasión deportivista chegouse ao descanso na Cidade Deportiva Joan Gamper.
Irene Ferreras moveu o banco na segunda metade. ADT e Cris Martínez relevaron a Samara e Laurina. Había que axitar o partido.
E o movemento de pezas deu resultado. ADT acertaba coa portería do Barça B case no primeiro balón que tocaba. Do 3-0 pasouse ao 3-2 e co Dépor ABANCA metido de cheo.
Pero se algo teñen as barcelonistas é calidade. Adri Ranera volvía aumentar a vantaxe. E neses minutos de desconcerto, Lucía Corrales facía o 5º que xa puña o choque imposible para As Nosas.
Fenger subía o sexto nos minutos finais, co partido roto, co que se pechou o marcador.
O encontro deixou a boa noticia do regreso ao primeiro equipo de Paula Novo. A internacional canteirá superou unha grave lesión de xeonllo e aos poucos, após moitas horas de traballo, asómase de novo ao primeiro equipo. Substituíu a Inés Altamira no minuto 69.
O vindeiro sábado ás 12:00, o Dépor ABANCA recibe en Abegondo (Youtube RC Deportivo) ao CD Fundación Osasuna Femenino.
FC Barcelona B: Meri Muñoz, Lucía Corrales (Adriana Parada, min. 83), Emilia Szymczak, Adri Ranera, Aïcha Camara (María Llorella, min. 83), Alba Caño (Emma Martín, min. 83), Judit Pujols, Julia Bartel, Dragoni, Ari Arias (Fenger, min. 33) e Laia Martret (Noah Bezis, min. 57).
Deportivo ABANCA: Lucía, Samara, Inés Altamira (Paula Novo, min. 69), Raquel García, Clara, Henar, Lucía Martínez (Lía, min. 75), Paula Gutiérrez (ADT, min. 46), Ainhoa Marín, Laurina (Cris Martínez, min. 46) e Millene (Sara Debén, min. 85).
Goles: 1-0 Ari Arias (min. 6); 2-0 Julia Bartel (min. 16); 3-0 Dragoni (min. 33); 3-1 Millene (min. 40); 3-2 ADT (min. 46); 4-2 Adri Ranera (min. 60); 5-2 Lucía Currais (min. 63); 6-2 Fenger (min. 89)
Árbitra: Patricia Gómez Gómez (c. madrileño). Cartón amarelo a Inés Altamira (min. 66), Lucía Martínez (min. 72), Alba Caño (min. 74) e Aïcha Camara (min. 84); e expulsou por dobre amarela ao técnico azulgrana Jose Óscar Belis.
Incidencias: partido correspondente á 21ª xornada de Primera Federación Iberdrola disputado no campo 7 da Ciutat Esportiva Joan Gamper.