RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#OSNOSOS

O Dépor arrinca a segunda semana de pretemporada con Luis Chacón no grupo

O Deportivo arrincou esta mañá en Abegondo a súa segunda semana de pretemporada.

A novidade foi a presenza de Luis Chacón co grupo. O novo atacante deportivista, após completar á primeira hora desta mañá as súas probas médicas, incorporouse ao traballo co resto de compañeiros.

"O verán libre sempre é un verán un pouco de tensión por non saber moi ben o que vai pasar. Eu tiña tranquilidade porque fixera unha boa temporada e simplemente estaba a esperar esa oportunidade de dar o salto, que era o que eu quería para esta temporada. Chegou dunha das mellores maneiras posibles e estou moi contento de estar aquí", comentou o futbolista na sala de prensa con motivo da súa presentación ao concluír a súa primeira sesión co Dépor.

Imanol Idiakez dispuxo nunha fresca mañá en pleno mes de xullo dunha roda de pases, un roldo e un xogo de posición.

Jose Ángel comezou a súa progresiva incorporación ao traballo de grupo e xa realizou algunhas tarefas co resto de compañeiros.

O outro futbolista á marxe é Raúl Alcaina, que segue co seu plan personalizado supervisado polos readaptadores Alejandro Canosa e Fernando Rodríguez.

Esta mañá, Hugo Ríos, Álex Alfaro, Rubén, Nájera, Diego Gómez, Pablo García e Kevin Sánchez foron os representantes de ANOSACANTEIRA.

Este martes, o Dépor volve adestrar á mesma hora, 10:30, e no mesmo escenario, Abegondo. O cadro terá almorzo na instalación a partir das 8:30 e comida obrigatoria ao concluír o traballo.

GALERÍA DE FOTOS EN FACEBOOK