RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#OSNOSOS

O Dépor fortalece o lateral destro con Petxarroman

O Dépor fortalece o lateral dereito coa chegada de Alexander Petxarroman Eizaguirre (San Sebastián, 6 de febreiro de 1997), coñecido futbolísticamente como Petxarroman, para as 4 próximas temporadas.

Formado na canteira da Real Sociedad, en 2021 firma polo Athletic Club. En San Mamés (temporada 2021-22) participa en 17 partidos en LaLiga EA Sports (Primera División).

A campaña seguinte é cedido ao FC Andorra de LaLiga Hypermotion e xoga 13 partidos, con 1 asistencia de gol. Após fichar polo conxunto andorrano, a pasada temporada (2023-24), tamén en LaLiga Hypermotion, participa en 31 partidos, 27 deles como titular, e anotou 1 gol.

En total, Petxarroman alcanza os 17 partidos en LaLiga EA Sports e 44 en LaLiga Hypermotion con 1 gol e 4 asistencias. Ademais, xogou 2 partidos en Copa del Rey, ambos co Ahtletic Club.

Petxarroman convértese na segunda fichaxe deportivista após Luis Chacón.