RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#OSNOSOS

O Dépor inicia a DéporXira Auga de Parada cun triunfo ante o Ourense CF para levar o I Trofeo Miguel Ángel (0-4)

O Dépor adxudicouse o I Trofeo Miguel Ángel ao derrotar no Couto ao Ourense CF (0-4), equipo recentemente ascendido a Primera Federación como campión do grupo 1º de Segunda Federación.

O encontro decantouse cun arreón deportivista en 10 minutos, do 20 ao 30.

Primeiro, Yeremay recolle un balón solto na área e de tiro raso bate a Marqueta.

Seis minutos despois, Mario Soriano recibe en bandexa de Barbero e logra o segundo.

Foi o propio Barbero o autor do terceiro, á media hora de xogo, en asistencia esta vez de Mario Soriano.

Imanol Idiakez, técnico deportivista, cambiou ao once xogadores tralo descanso. A aliñación deportivista pasou a estar formada por un bo número de canteiráns e fabrilistas xunto a Pablo Vázquez, Cayarga, Davo e Luis Chacón, primeira fichaxe deste curso en estrearse coa camiseta branquiazul.

O conxunto local gozou da súa mellor ocasión no minuto 52, cando Raigal estrelou na madeira un potente dereitazo desde fóra da área.

A menos de cinco minutos da conclusión, Pablo Muñoz redondeou o resultado batendo a Pato Guillén após recibir un balón en profundidade de Kevin Sánchez.

Ourense CF: Marqueta (Pato Guillén, min. 46), Andrada (Raúl Prada, min. 46), Hugo Sanz (Moisés, min. 46), Miguel Prado (Mati, min. 64), Carmona, Fidalgo (Chuki, min. 64), Jerin, Alberto Gil (Del Olmo, min. 46), Raigal, Álex Gil (Carbonell, min. 46) e Di Renzo (Alberto Gil, min. 83).

RC Deportivo: Eric Puerto (Alberto, min. 46), Ximo Navarro (Pablo García, min. 46), Jaime (Pablo Vázquez, min. 46), Pablo Martínez (Dani Barcia, min. 46), Iano Simão (Marotías, min. 46) (Kevin Sánchez, min. 71), Diego Villares (Rubén López, min. 46), Hugo Rama (Pablo Muñoz, min. 46), Mario Soriano (Cayarga, min. 46), Lucas (Chacón, min. 46), Yeremay (Davo, min. 46) e Barbero (Martín Ochoa, min. 46).

Goles: 0-1 Yeremay (min. 20); 0-2 Mario Soriano (min. 26); 0-3 Barbero (min. 30); 0-4 Pablo Muñoz (min. 86).

Árbitro: Daniel Pastoriza Iglesias (c. galego). Sen cartóns.

Incidencias: primeiro partido da DéporXira Auga de Parada 2024-25, correspondente ao I Trofeo Miguel Ángel, disputado no estadio do Couto (Ourense).

GALERÍA DE FOTOS EN FACEBOOK