O Dépor pecha a campaña con 27.549 abonados/as con asento pero mantén aberto facerse ben socio/a amigo/a xa online ou ben neno/a Dépor
O Dépor pechou a campaña de socios con 27.549 abonados e abonadas con asento en ABANCA-RIAZOR.
No entanto, aínda podes formar parte de #ANOSAFORZA ben como socio/a amigo/a xa de maneira online nesta ligazón ou ben coa opción neno/a Dépor neste caso pasando pola Oficina de Atención ao Deportivismo (OAD) en ABANCA-RIAZOR sito na Avenida da Habana s/n
Até a data, o Club suma 1.422 socios/as amigo e un total de 462 nenos/as Dépor.
Ser socio/a amigo/a presenta unha serie de vantaxes, que son as seguintes:
-Posibilidade de adquirir 4 entradas para o Dépor ao 25% de desconto. -De cara á temporada que vén, escoller localidade antes que a lista de espera nas datas de cambio de modalidade a condición de que haxa oco. -Asistir a todos os partidos esta temporada do Dépor ABANCA na liga F abonando un suplemento de 15 euros, tamén coa opción de facelo online nesta ligazón -Abono dixital na app do Club -Ter un número de abono con antigüidade -Asistir a todos os partidos do Fabril en Segunda Federación, os partidos de #ANOSACANTEIRA e do Dépor Genuine en Abegondo -Gozar do 5% de desconto na DéporTienda de ABANCA-RIAZOR, Marineda City, rúa Real e www.deportienda.es -Participar en sorteos, experiencias e campañas especiais do Club -Preferencia na compra de entradas para os partidos do Dépor tanto en ABANCA-RIAZOR como fóra -Comprar entradas con desconto para persoas socias nos partidos que dispoña o Club -Descontos e promocións de empresas patrocinadoras ou colaboradoras do Club -Tarifas especiais nos DéporCampus, Escolas RC Deportivo e outras actividades que organice o Club -Posibilidade de apuntarse para a foto co Dépor