RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
FABRIL FC

O Fabril FC Benxamín, que debutou en liga con triunfo ao Sada CF, mídese esta tarde ao San Tirso SD na 2ª xornada

O Fabril FC Benxamín arrincou a competición de liga no subgrupo 2º de Primera A Coruña de fútbol 8 con triunfo (7-0) ante o Sada CF.

Yoel Losada -3-, Martín Coronel, Nico Castro, Martín Martelo e Leo Galván foron os goleadores fabrilistas.

Esta primeira parte da competición será de liga todos contra todos a dobre volta. O tres primeiros de cada grupo pasan á seguinte fase do Campionato Galego.

Fabril FC Benxamín: Gael Fernández, Leo Barro, David Santiago, Pablo Couso, César Leira, Martín Martelo, Martín Coronel e Leo Galván. Tamén xogaron: Nico Castro e Yoel Losada.

Esta tarde (18:45), o conxunto que preparan Alberto Bonigno e Sergio Maurente mídese no Monte ao San Tirso SD en partido correspondente á 2ª xornada adiantado ao próximo mércores 1, día festivo.