RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ANOSAFORZA

O RC Deportivo activa a pre-reserva de entradas para a visita ao CA Osasuna B

O RC Deportivo habilita a posibilidade de realizar a pre-reserva de entradas para o partido do domingo 25 de febreiro ás 20:00h en campo do CA Osasuna B, correspondente á 25ª xornada do grupo 1 de Primera Federación. As localidades teñen un prezo de 15 euros e quedan limitadas a dúas por socio. Para realizar a xestión, o abonado deberá acceder á web http://entradas.rcdeportivo.es/ 

O CA Osasuna puxo a disposición do RC Deportivo un total de 200 entradas, das cales 120 corresponden ao club e as outras 80 van destinadas á Federación de Peñas.

A pre-reserva poderase facer desde o sábado 17 ás 9:00h até o luns 19 ás 9:00h. No caso de que houbese máis abonados en pre-reserva que entradas dispoñibles, realizarase un sorteo, cuxo resultado se comunicará aos abonados que poderán acudir a recoller as entradas á OAD desde o luns 19 ás 16:30h até as 19:00h, o martes 20 desde as 10:00h até as 13:30h e desde as 16:30h até as 19:00h e o mércores 21 desde as 10:00h até as 13:30h. Será obrigatorio presentar o abono e o DNI dos asistentes e un deles debe ser o titular do abono.

No caso de que se teña que facer sorteo, aqueles socios aos que se lles comunicou que teñen dereito a adquirir as súas entradas no prazo correspondente, e non o fagan, non poderán apuntarse á seguinte pre-reserva de entradas. 

As entradas serán nominativas, e no acceso ao estadio os porteiros solicitarán o DNI correspondente a cada entrada, polo que a entrada será intransferible por petición do CA Osasuna.