RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ANOSAFORZA

O RC Deportivo estrea asistente virtual, un novo servizo para atender ao deportivismo

A web oficial do RC Deportivo, rcdeportivo.es, estrea asistente virtual, un novo servizo que ofrece o Club aos seus abonados, simpatizantes e seguidores para atender as súas demandas e responder as súas preguntas.

O novo asistente virtual de rcdeportivo.es permite unha comunicación rápida co afeccionado para ofrecerlle solucións a preguntas comúns, como horarios de partidos e calendarios de competición, consultas sobre entradas, abonos e áreas VIP, información sobre as DéporTiendas, os DéporCampus Cabreiroá ou a Escola RC Deportivo, como participar na foto co Dépor ou buscar as actividades da Fundación RC Deportivo.

Deste xeito, o RC Deportivo, nun exemplo máis do proceso de modernización no que se atopa, achega unha ferramenta máis a #ANOSAFORZA para comunicarse co Club e obter información de primeira man, que se suma á propia páxina web, a app, a newsletter e os dez perfiles nas redes sociais X, Facebook, Instagram, YouTube, LinkedIn e TikTok.