Os abonados e abonadas poderán adquirir até 2 entradas cun 25% de desconto para o partido ante o Sporting de Gijón e para o do Real Zaragoza en ABANCA-RIAZOR
Os abonados e abonadas do RC Deportivo poderán adquirir un máximo de 2 entradas para calquera bancada cun 25% de desconto para os partidos en ABANCA-RIAZOR do próximo domingo 24 de novembro ás 16:15 ante o Sporting de Gijón e para o do sábado 7 de decembro ás 18:30 ante o Real Zaragoza.
Ditas entradas para abonados serán nominativas, co nome e apelidos das persoas que as van a utilizar e o abonado que fai a compra.
Os interesados poden realizalo en bancada.es ou ben na Oficina de Atención ao Deportivismo (OAD) que ten o seguinte horario de luns a venres: de 10:00 a 13:30 e de 16:30 a 19:00 horas.
O domingo 17, día do partido do Dépor ABANCA ante o RCD Espanyol en ABANCA-RIAZOR, abren os despachos de billetes do Palacio dos Deportes de Riazor desde as 10:00 até as 13:00 horas.
Os abonados e abonadas teñen esta opción até o mércores 20 de novembro ás 19:00 na OAD e até as 23:59 en internet.
A partir do xoves 21 de novembro ás 00:01 en bancada.es e ás 10:00 na OAD saen á venda para o resto do público.
Xa que o encontro ante o Sporting de Gijón foi declarado de alto risco pola Comisión Estatal contra a Violencia, o Racismo, a Xenofobia e a Intolerancia no Deporte non se venderán entradas o mesmo día do partido nos despachos de billetes do Palacio dos Deportes de Riazor, que abrirán ás 14:15 só para atender incidencias de abonados e abonadas.
Ademais, xa está operativa tamén a posibilidade de que as socias e os socios liberen os seus asentos, en caso de non poder acudir a ABANCA-RIAZOR, nesta ligazón.