RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ANOSAFORZA

Os abonados ou abonadas que queiran apoiar ao Dépor en Córdoba deben apuntarse entre hoxe mércores e mañá xoves na OAD

Os abonados ou abonadas interesados en apoiar ao Dépor este venres 13 de setembro no Nuevo Arcángel de Córdoba (20:30 horas) deben pasar hoxe mércores ou mañá xoves pola Oficina de Atención ao Deportivismo (OAD) do Estadio de ABANCA-RIAZOR na Avenida da Habana s/n  e alí anotarse nunha listaxe.

O Córdoba CF habilitará un despacho de billetes no Nuevo Arcángel para despachar as entradas ás persoas anotadas na Coruña.

A persoa apuntada nesa listaxe é a que terá que presentar en despacho de billetes o seu DNI para retirar a entrada.

O club andaluz asignou un total de 520 localidades na bancada visitante ao prezo de 20 euros. O 40% das mesmas, un total de 208, serán xestionadas pola Federación de Peñas.

O horario da OAD hoxe mércores e este xoves é de 10:00 a 13:30 e de 16:30 a 19:00 horas.