Óscar Gilsanz: "Os xogadores tiveron unha actitude non só hoxe senón durante toda a semana moi boa"
Óscar Gilsanz valora o triunfo en Cartagonova como "importante sobre todo polos xogadores. É un grupo moi forte, con moita fortaleza a nivel colectivo".
Pon en valor "aos xogadores, ao grupo que está feliz pola vitoria. Tiveron unha actitude, non só hoxe senón durante toda a semana moi boa"; e tivo un recoñecemento "para o traballo que se fixo durante todos estes meses por Imanol e por Mario. En 3 días sempre hai un matiz pero o traballo no grupo estaba aí".
Admitiu que na segunda parte, co 1-3, "cambiaron un pouco as sensacións do partido e neses minutos hai que estar seguros, coa confianza necesaria para defender esa situación de área e sabiamos que á contra iamos ter opcións. Era cuestión de acertar nas que tivésemos".
Óscar Gilsanz insiste en que "estou ao dispor do Club. Mañá ao chegar a Abegondo adestramos e estou encantado aquí, no Fabril, no que me pidan".
Sente "satisfeito por poder achegar, por poder axudar para conseguir puntos importantes e para que esta xente que veu aquí a Cartagonova goce dunha vitoria do Dépor. Faime feliz ver á xente tan lonxe gozar co seu equipo".