RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
FABRIL

Óscar Gilsanz: "Temos moita marxe de mellora, pero o equipo está moi forte animicamente"

Óscar Gilsanz compareceu na sala de prensa de Abegondo esta mañá a modo de previa do seu encontro fronte ao Numancia deste domingo 29 de setembro ás 17:00. Para o técnico fabrilista Soria é un gran escenario, "calquera momento é bo para ir aos Pajaritos".

Con respecto ao rival, Gilsanz apunta que "ten armas máis aló dos xogadores" e está convencido de que van saber adaptarse a calquera situación. "É un equipo moi completo e tentaremos ser capaces de porlles en aprietos", engade. Para conseguir algo fronte ao cadro soriano, "debemos sacar nosa mellor versión", afirma.

Aínda coas boas sensacións do equipo, Óscar aposta por seguir traballando e mellorando, "temos moita marxe de mellora, pero o equipo está moi forte animicamente".