RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#OSNOSOS

Pablo Muñoz comeza a súa incorporación ao grupo no regreso aos adestramentos do Dépor

Despois da xornada de descanso de onte martes, o Dépor regresou esta mañá aos adestramentos de cara ao último partido de liga do ano 2023, o domingo 17 de decembro ás 19:00 en Espiñedo (TVG-2 e FEF TV) ante o CD Arenteiro.

A novidade protagonizouna Pablo Muñoz, que entrou na recta final da súa recuperación e comezou a facer tarefas co grupo. Así pois, seguen con traballo personalizado Ximo Navarro e Barbero, ademais de Retuerta, en repouso deportivo.

Após pasar pola sala de vídeo, Imanol Idiakez dispuxo unha activación con rondos, un exercicio de posición con porterías e fútbol reducido para concluír, de alta intensidade.

Diego Villares, en rolda de prensa após recibir o Premio Estrella ao mellor xogador do mes de novembro, sostén que o equipo busca "esa regularidade que nos gustaría".

Martín Ochoa, Mella, Rubén López, Marc, Kevin e Óscar Marotías foron os representantes de #ANOSACANTEIRA.

Mañá xoves, Os Nosos adestraranse de novo na Cidade Deportiva a partir das 11:00 horas.

GALERÍA DE FOTOS EN FACEBOOK