Paris Adot pasouse pola zona mixta de ABANCA-RIAZOR concluído o Memorial Arsenio Iglesias entre o Deportivo e o Atlético Arteixo.
O lateral deportivista lembrou que o partido "era para coller sensacións e aí está o traballo, que tentamos facelo como o míster quería. Agora a pensar en mañá".
Cualificou o encontro de "moi emotivo. Dásche conta do que é o Dépor, o espírito do Súper Dépor, do que significa Arsenio para este club e para #ANOSAFORZA. E logo ter a Scaloni despois de ser campión do mundo é un luxo. Foi un partido emotivo, bonito, que nos serviu para facer un bo traballo e irnos con boas sensacións".
Advirte Paris Adot sobre o equipo que "acabamos de empezar. Aínda quedan moitos partidos por xogar, moitos adestramentos. Estamos a coñecernos e aínda hai moito que mellorar".
Finalmente, sobre o ambiente en ABANCA-RIAZOR, apunta que "é unha pasada xogar aquí como local, con #ANOSAFORZA. É un luxo. É un campo que sempre me encantou. Estou moi contento diso, de que saísen tamén as cousas no partido".