As probas médicas ás que foi sometido Hugo Rama nas horas posteriores ao encontro ante a Cultural Leonesa confirmaron unha lesión muscular no sóleo da súa perna esquerda.
O centrocampista branquiazul estará uns días con tratamento médico e de fisioterapia antes de pasar á fase de readaptación física co readaptador Fernando Rodríguez. A evolución marcará a súa dispoñibilidade.