RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#OSNOSOS

Parte médico de Iván Barbero

Iván Barbero foi sometido a probas médicas para ditaminar o alcance exacto da lesión que lle obrigou a pedir o cambio o pasado sábado no transcurso do primeiro tempo do partido entre o Unionistas de Salamanca CF e o Dépor.

O Servizo de Atención ao Rendemento do Futbolista (SARF) que coordina o doutor Alejandro Mejuto confirmou unha lesión no menisco interno do seu xeonllo esquerdo.

Por conseguinte, o dianteiro deportivista será intervido mañá martes a cargo do traumatólogo coruñés Rafael Arriaza.

Unha vez realizada a operación, o SARF establecerá a pauta de recuperación de Iván Barbero.