RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#OSNOSOS

Petxarroman xa se exercita cos seus compañeiros en Abegondo

Petxarroman foi a novidade no adestramento do Deportivo esta mañá en Abegondo.

O novo lateral destro deportivista para as próximas 4 temporadas exercitouse con normalidade co grupo nunha xornada na que Imanol Idiakez dispuxo após unha roda de pases unha serie de exercicios en espazos amplos.

A mañá concluíu cun partido practicamente a campo completo.

Hugo Ríos, Rubén, Nájera, Pablo García e Kevin Sánchez foron os representantes de #ANOSACANTEIRA.

Preguntado por Kevin Sánchez en rolda de prensa, Óscar Gilsanz apela a "a cautela. Hai que ser cautos coas análises, hai que apoialos, hai que crer no xogador novo e traballar con el. Despois hai diferentes momentos na carreira deportiva de cada xogador. Non todos teñen o mesmo ritmo á hora de chegar ao fútbol profesional e hai que ter sobre todo confianza. Todos coñecemos as calidades que teñen os mozos, Kevin Sánchez entre eles, pero tamén os demais".

Insiste en que "hai que ter confianza neles, crer no que fan e que traballen".

O técnico fabrilista apunta que o alto número de canteiráns ás ordes de Imanol Idiakez "en pretemporada é un pouco o habitual. Hai que ver aos mozos, a cuantos máis mellor, sen que se vexa afectado o día a día de cada equipo. Nese sentido os últimos anos aquí no Club está a facerse dunha maneira moi ordenada e moi positiva para todos".

Óscar Gilsanz advirte que os futbolistas "o toman con esa normalidade de que os vexan, de que vexan a ilusión que teñen para o traballo no día a día. Cando un xogador sobe unha categoría sempre hai un aumento de ritmo en canto ao traballo, en canto ao día a día, en canto ao ritmo de xogo en si e iso é positivo para que se vaian vendo esas adaptacións nos xogadores".

Por outra banda, Jose Ángel realizou unha parte co grupo e outra co readaptador Fernando Rodríguez, mentres que Raúl Alcaina está con adestramento personalizado.

Mañá xoves, Os Nosos están citados para almorzar en Abegondo a partir das 8:30 para saltar ao céspede ás 10:30 horas.

GALERÍA DE FOTOS EN FACEBOOK