RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
FUNDACIÓN

Presentado o DéporCampus Cabreiroá de Cee, que alcanza a súa cuarta edición

O salón de congresos do Concello de Cee acolleu o xoves 20 de xuño a presentación do DéporCampus Cabreiroá que terá lugar na devandita localidade da Costa da Morte.

O acto de presentación contou coa participación de Margot Lamela, alcaldesa de Cee; Verónica Bonilla, secretaria do Unión Club Cee; Alfonso Canosa, concelleira de deportes de Cee, e Sergio Maurente, coordinador de programa local da Fundación RC Deportivo.

A actividade, que alcanza a súa cuarta edición posto que se celebra ininterrompidamente desde 2021, terá lugar entre os días 1 e 5 de xullo, en horario de 10:00 a 14:00. O campo de San Paio de Refoxos será o escenario dun campus destinado a nenos e nenas de entre 6 e 14 anos.

Os interesados poden consultar toda a información da sede de Cee e realizar o proceso de inscrición até as 14:00 do martes 25 de xuño nesta ligazón.

Para calquera dúbida ou consulta coa súa inscrición, os interesados poden contactar directamente coa organización na dirección de correo electrónico deporcampus@rcdeportivo.es.