RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#OSNOSOS

Regreso mañá sábado de Os Nosos directos a adestrar a ABANCA-RIAZOR

Finalizado o encontro no Nuevo El Arcángel de Córdoba, Os Nosos pasarán a noite en Sevilla para mañá sábado 14 de setembro, á primeira hora, coller un voo rumbo a Galicia.

Nada máis chegar á Coruña, Imanol Idiakez dirixirá unha nova sesión de traballo en ABANCA-RIAZOR a partir das 10:30 (hora aproximada).

A próxima cita do Dépor en LaLiga Hypermotion será o sábado 21 de setembro ás 18:30 ante o Burgos CF en ABANCA-RIAZOR con motivo da 6ª xornada.