RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ANOSACANTEIRA

Resultados da fin de semana en ANOSACANTEIRA, con triunfos do Fabril e Xuvenil B hoxe domingo

Dous partidos xogáronse hoxe domingo 10 de novembro en ANOSACANTEIRA.

En Segunda Federación, o Fabril de Manuel Pablo, substituto de Óscar Gilsanz, gañou (0-2) ao Real Avilés Industrial e empolícase á 3ª posición da Segunda Federación.

Os fabrilistas acumulan 4 vitorias consecutivas após as anteriores ante o UM Escobedo (4-0), Rayo Cantabria (1-2) e CD Guijuelo (1-0).

O outro encontro da xornada foi o do Xuvenil B, que se impuxo (4-1) en Abegondo ao Coruxo FC.

Este resultado, unido á derrota do RC Celta B, converte aos branquiazuis no novo líder da Liga Nacional.

A xornada desta semana estivo marcada por #ONOSODERBI na División de Honra cadete e infantil onte sábado 9. Deportivistas e célticos chegaban a esta cita igualados a puntos na cabeza da clasificación.

En cadetes o partido foi para os celestes en Vigo (5-3) mentres que en infantís o choque foi para os branquiazuis en Abegondo (4-3).

Pola súa banda, o Xuvenil A, con Miguel Figueira ao mando en substitución de Manuel Pablo, retomou a liga despois do parón da pasada fin de semana con derrota pola mínima (2-1) ante o CD Choco en Redondela.

A pesar desta derrota, os branquiazuis seguen á fronte da División de Honra.

Ademais dos alevíns e benxamíns na Torre na 3ª xornada da Primera A Coruña de fútbol 8, o San Tirso SD Cadete perdeu no último minuto no Monte co Arosa SC (2-3) e o San Tirso SD Infantil impúxose (2-4) no campo Manuel Jiménez Abalo ao Arosa SC.

Os resultados da fin de semana foron os seguintes:

Segunda Federación
11ª xornada: REAL AVILÉS INDUSTRIAL 0 - FABRIL 2 (Kevin Sánchez -2-)

Categoría xuvenil
División de Honra, 10ª xornada: CD CHOCO 2 - XUVENIL A 1 (Álvaro)

Liga Nacional, 10ª xornada: XUVENIL B 4 (Yago García, Vergara, Miguel de Labra e Telmo) - CORUXO FC 1

Categoría cadete
División de Honra, 9ª xornada: RC CELTA 5 - CADETE 3 (Gael -2- e Sergio Míguez)
División de Honra, 9ª xornada: SAN TIRSO SD CADETE 2 (Nikolay e Nico Giovanni) - AROUSA SC 3

Categoría infantil
División de Honra, 8ª xornada: INFANTIL 4 (Thiago Montes -2-, Antón Vilariño e Hugo Caridad) - RC CELTA 3
División de Honra, 8ª xornada: AROSA SC 2 - SAN TIRSO SD INFANTIL 4 (Carlos Crespo -2-, Hugo Macedo e Manu Sande)

Categoría alevín
Primera A Coruña de fútbol 8, subgrupo 1º, 3ª xornada: ATLÉTICO CORUÑA MONTAÑEROS CF 1 - ALEVÍN A 5 (Thiago López -2-, Alejandro Astray, Hugo Bujía e Hugo Álvarez) 
Primera A Coruña de fútbol 8, subgrupo 1º: FABRIL FC ALEVÍN 0 - VICTORIA CF 1

Categoría benxamín
Primera A Coruña de fútbol 8, subgrupo 1º: ATLÉTICO CASTROS 0 - BENXAMÍN A 8 (Martín Coronel -4-, Pablo Couso -2-, César Leira, Leo Galbán e Joel Losada)
Primera A Coruña de fútbol 8, subgrupo 1º: FABRIL FC BENXAMÍN 3 (Nico Mariño, Tomás Sánchez e Hugo Rey) - URAL ESPAÑOL CF 1