RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ANOSACANTEIRA

Resultados en ANOSACANTEIRA, con pleno de vitorias hoxe sábado; e calendario deste domingo, con cita para os dous equipos xuvenís

Mañá domingo 1 de decembro ás 12:00 o protagonismo en ANOSACANTEIRA será para os dous equipos xuvenís ante os terceiros clasificados das súas categorías: o A de División de Honra na Cidade Deportiva ante o Real Racing Club e o B de Liga Nacional en Os Remedios ante o Pabellón Ourense CF.

Hoxe sábado, o Fabril (na foto da noticia) retomou a competición en Segunda Federación con vitoria por 2-1 ante o UD Llanera con dobrete de Guerrero.

Os fabrilistas suman así 22 puntos e 1 partido menos, o aprazado o pasado domingo nas Eiroas ante o Bergantiños CF polo temporal de vento, que se xogará o próximo 18 de decembro ás 20:00 horas.

Tamén en Abegondo venceu o Cadete ao CD Lugo (7-1) e no Monte o San Tirso SD Infantil ao Ourense CF (6-0).

Lonxe de casa o San Tirso SD Cadete, sen os internacionais Raúl Lema e Nikolay, superou ao ED Val Miñor Nigrán (0-1) cun gol de Gandarela; e o Infantil ao CD Lugo (1-3).

Descansa esta fin de semana o Alevín A, líder da Primera A Coruña de fútbol 8; pero si venceron nos seus partidos o Fabril FC Alevín, Benxamín A e Fabril FC Benxamín.

O pasado martes houbo triunfo do Alevín A e do Fabril FC Benxamín en partidos aprazados pola folga do persoal de conserxería das instalacións municipais da Coruña.

O calendario de partidos, cos resultados dos xa xogados, é o seguinte:

Segunda Federación
14ª xornada: FABRIL 2 (Adrián Guerrero -2-) - UD LLANERA 1

Categoría xuvenil
División de Honra, 13ª xornada: XUVENIL A - REAL RACING CLUB, mañá domingo 1 de decembro ás 12:00 en Abegondo

Liga Nacional, 13ª xornada: PABELLÓN OURENSE CF - XUVENIL B, mañá domingo 1 de decembro ás 12:00 en Os Remedios

Categoría cadete
División de Honra, 12ª xornada: CADETE 7 (Xoel, Borja, Pablo Crespo, Nico e Gael -3-) - CD LUGO 1
División de Honra, 12ª xornada: ED VAL MIÑOR NIGRÁN 0 - SAN TIRSO SD CADETE 1 (Gandarela)

Categoría infantil
División de Honra, 11ª xornada: CD LUGO 1 - INFANTIL 3 (Hugo Ferreirós, Tiago e Adrián)
División de Honra, 11ª xornada: SAN TIRSO SD INFANTIL 6 (Álvaro Gómez, Iván Gil, Nacho Villanueva, Manu Alcázar, Carlos Crespo e un futbolista rival en propia meta) - OURENSE CF 0

Categoría alevín
Primera A Coruña de fútbol 8, subgrupo 1º, 4ª xornada (martes 26): ALEVÍN A 1 (Alejandro Astray) - URAL ESPAÑOL CF 0

Primera A Coruña de fútbol 8, subgrupo 1º, 6ª xornada: OZA JUVENIL SD 1 - FABRIL FC ALEVÍN 3 (Leo Lorenzo, Alberto Novo e Breogán Díaz)

Categoría benxamín
Primera A Coruña de fútbol 8, subgrupo 1º, 6ª xornada: BENXAMÍN A 6 (Nico Castro -2-, Joel Losada -2-, Marco Dios e Leo Galbán) - VICTORIA CF 0

Primera A Coruña de fútbol 8, subgrupo 1º, 5ª xornada (martes 26): FABRIL FC BENXAMÍN 7 (Tomás Sánchez -3-, Fabio Álvarez -2-, Hugo Cancela e Manu López)
Primera A Coruña de fútbol 8, subgrupo 1º, 6ª xornada: ORILLAMAR SD 0 - FABRIL FC BENXAMÍN 10 (Manu López -2-, Fabio Álvarez -2-, Xosé Varela -2-, Ian Lata -2-, Hugo Cancela e Nico Mariño)