RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ANOSACANTEIRA

Resultados hoxe sábado, con triunfos de Fabril e Dépor ABANCA B; e calendario para mañá domingo

Mañá domingo 21 de abril o prato forte en #ANOSACANTEIRA será o choque do Xuvenil A en Redondela (12:00) ante o CD Choco. Os branquiazuis pelexan polo título co RC Celta e o Real Racing Club. 

Pola tarde, o Orzán SD Xuvenil Femenino enfróntase ao CF Noia (16:00 na Torre) e o Orzán SD B sub-16 Femenino ao UD Carral (12:00 no campo de O Castro).

A xornada da fin de semana tivo hoxe sábado os partidos dos dous filiais.

O Fabril, con 3 puntos de marxe sobre a posición de play out, visitaba ao Coruxo FC no campo de O Vao

O vestiario fabrilista celebrou a renovación de Mario Nájera esta semana até xuño de 2027 cunha épica vitoria (1-2) con goles de Álex Alfaro e Mati Castillo no desconto.

Tivo minutos o xuvenil Adrián Guerrero, que debutou co filial masculino ante o CD Guijuelo a pasada fin de semana.

Pola súa banda, o filial feminino, que marcha na 2ª posición da Tercera Federación FutFem, venceu (0-2) ao PM Friol con goles de Paula Novo e Paula Monteagudo.

Óscar Orro non puido contar con María Calvo, lesionada; nin con Michi Apóstol, concentrada con Venezuela sub-20 no Campionato Suramericano.

Tamén hoxe sábado en Abegondo o Xuvenil B, líder da Liga Nacional, recibiu ao Racing de Ferrol (0-0); no Monte o San Tirso SD Cadete ao Salgueiriños FC (1-1); e na Torre o Orzán SD Infantil A Femenino ao Arzúa FCF (8-0) e o Orzán SD Infantil B Femenino ao Antas SD (1-7).

Nas filas orzanistas, Claudia Sande recibiu a súa primeira convocatoria para uns adestramentos coa selección española sub-14 do martes 23 ao xoves 25 en Los Ángeles de San Rafael (Segovia).

Fóra de casa o Orzán SD Cadete Femenino, ao mando do subgrupo 1º da Liga Galega, visitou ao PM Friol (0-8); o Cadete, á fronte da División de Honra, ao CD Areosa no campo vigués da Xunqueira (1-2); o Infantil, líder da División de Honra, ao Escola de Fútbol DSF en Salceda de Caselas (2-1); e o San Tirso SD Infantil ao AJ Lérez no campo pontevedrés de Manolo Barreiro (0-0).

Finalmente en fútbol 8, o Alevín A perdeu (0-3) ante o Sada CF Ao primeiro posto da Fase polo Título da Primera A Coruña de fútbol 8 na Torre e o Fabril FC Benxamín venceu (0-4) ao UD Carral no Municipal Rodríguez Ans.

Tres vitorias no tres partidos o pasado mércores 17 de abril na Cidade Deportiva, dúas deles amigables, abriron o calendario de partidos en #ANOSACANTEIRA.

Así, o Xuvenil B impúxose pola mínima (1-0) a unha selección galega sub-16 na que formaron os cadetes branquiazuis Rodrigo Leiva, Íker Fernández, Miguel de Labra, Nico Ruiz e Pablo García; ademais de Gael Irimia, Mauro Valeiro e Samba Wade do San Tirso SD Cadete.

Á mesma hora, o San Tirso SD Cadete venceu por 2-0 a unha selección galega sub-14 cos infantís branquiazuis Lucas López, Daniel López, Eder Vilas, Raúl Lema, Roi Castro e Sergio Cortizo; ademais de Antón Vilariño e Hugo Ferreiros do San Tirso SD Infantil.

As dúas seleccións preparan desta forma a Fase de Plata do Campionato de España por autonomías que se celebra a finais de mes.

O único encontro oficial foi o do Benxamín A, que gañou (6-0) ao Atlético Coruña Montañeros CF en partido correspondente á 5ª xornada da Fase polo Título da Primera A Coruña de fútbol 8 adiantado ao fin de semana.

Finalmente, o partido do Alevín en Caranza pertencente ao Trofeo Conservas Calvo de fútbol 11 xógase o martes 23; e o do Fabril FC Alevín ante o CD Calasanz, correspondente á Fase polo Título da Primera A Coruña de fútbol 8, o xoves 25 en San Pedro de Visma.

O calendario de partidos, cos resultados dos xa xogados, é o seguinte:

Categoría feminina
Tercera Federación FutFem, 27ª xornada: PM FRIOL 0 - DEPORTIVO ABANCA B 2 (Paula Novo e Paula Monteagudo)

Primera Autonómica, 26ª xornada: ORZÁN SD XUVENIL FEMENINO - CF NOIA, mañá domingo 21 de abril ás 16:00 na Torre (campo 1)

Segunda Autonómica, subgrupo 1º, 26ª xornada: UD CARRAL - ORZÁN SD B SUB-16 FEMENINO, mañá domingo 21 de abril ás 12:00 no campo de O Castro (Carral)

Liga Galega, subgrupo 1º, 26ª xornada: PM FRIOL 0 - ORZÁN SD CADETE FEMENINO 8 (Daniela Macedo -2-, Valeria Montero -3-, Candela González, Yanis Citoula e Claudia Sande)

Liga Galega, subgrupo 1º, 26ª xornada: ORZÁN SD INFANTIL A FEMENINO 8 (Claudia Sande -2-, Marta Moreno -3-, Martina Vázquez, Lucía Gómez e Lola Freire) - ARZÚA FCF 0
Liga Galega, subgrupo 1º, 26ª xornada: ORZÁN SD INFANTIL B FEMENINO 1 (Ariana Barros) - ANTAS SD 7

Segunda Federación
32ª xornada: CORUXO FC 1 - FABRIL 2 (Álex Alfaro e Mati Castillo)

Categoría xuvenil
División de Honra, 28ª xornada: CD CHOCO - XUVENIL A, mañá domingo 21 de abril ás 12:00 no campo de Santa Mariña (Redondela)

Amigable (mércores 17): XUVENIL B 1 (Rodrigo) - SELECCIÓN GALEGA SUB-16 0
Liga Nacional, 30ª xornada: XUVENIL B 0 - RACING DE FERROL 0

Categoría cadete
División de Honra, 28ª xornada: CD AREOSA 1 - CADETE 2 (Miguel de Labra e Lucas)

Amigable (mércores 17): SAN TIRSO SD CADETE 2 (Xoel e Héctor) - SELECCIÓN GALEGA SUB-14 0
División de Honra, 28ª xornada: SAN TIRSO SD CADETE 1 (Antón) - SALGUEIRIÑOS CF 1

Categoría infantil
División de Honra, 26ª xornada: ESCOLA DE FÚTBOL DSF 2 - INFANTIL 1 (Nikolay)
División de Honra, 26ª xornada: AJ LÉREZ 0 - SAN TIRSO SD INFANTIL 0

Categoría alevín
Trofeo Conservas Calvo de fútbol 11, subgrupo norte, 8ª xornada: GALICIA CARANZA - ALEVÍN, o martes 23 de abril ás 16:45 no Municipal de Caranza

Fase polo Título da Primera A Coruña de fútbol 8, 5ª xornada: ALEVÍN A 0 - SADA CF A 3
Fase polo Título da Primera A Coruña de fútbol 8, 5ª xornada: CD CALASANZ - FABRIL FC ALEVÍN, o xoves 25 de abril ás 18:00 en San Pedro de Visma (campo 1)

Categoría benxamín
Fase polo Título da Primera A Coruña de fútbol 8, 5ª xornada (mércores 17): BENXAMÍN A 6 (Adrián Liñares -2-, Mateo Songo'o, Antón Fernández, Leo Lorenzo e Mateo Cardelle) - ATLÉTICO CORUÑA MONTAÑEROS CF 0
Fase polo Título da Primera A Coruña de fútbol 8, 5ª xornada: UD CARRAL 0 - FABRIL FC BENXAMÍN 4 (Martín Martelo -2-, César Leira e Gael Fernández)