RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ANOSACANTEIRA

Resultados hoxe sábado en ANOSACANTEIRA e calendario para mañá domingo

Mañá domingo 20 de outubro hai 3 partidos en ANOSACANTEIRA con representación deportivista.
 
Ás 17:00 (YouTube RC Deportivo) o Fabril recibe en Abegondo ao UM Escobedo da localidade cántabra de Camargo.

Os fabrilistas chegan ao choque após o mal sabor de boca de Luanco, onde un mal inicio de partido condenou ao filial á derrota.

O filial recupera a Luisao após a súa lesión muscular e, por contra, son baixa Álex Pereira, Mardones, Manu Ferreiro e Quique Teijo, este con unha fisura no peroné dereito.

O Club mantén activo o protocolo de apertura con rexistro de asistentes da Cidade Deportiva.

Poden retirar entradas dispoñibles, até esgotar a bancada e sen ningún custo adicional, todos os socios e socias do RC Deportivo que o tramiten formalmente a través da web bancada.rcdeportivo.es, na que deberán introducir a súa ID de socio os 4 últimos números do DNI. A continuación, seleccionar unha localidade libre e posteriormente completar os seus datos de contacto e a dirección de correo electrónico onde recibir a entrada.

Con eses mesmos datos doutras persoas socias, unha única pode retirar máis dunha entrada nunha soa xestión e, deste xeito, seleccionar asentos contiguos ou próximos.

Este procedemento ten dous fins: poder solicitar e recibir a entrada e, ademais, levar un control de repartición e localización na instalación.

O RC Deportivo solicita que unicamente tramiten a entrada aqueles socios e socias que vaian poder acudir ao partido, para evitar que queden afeccionados sen poder asistir unha vez completado a repartición da bancada nun proceso 100 % telemático.

Está habilitado simultaneamente o sistema de venda de entradas para o público en xeral, a través da mesma plataforma en bancada.rcdeportivo.es e seguindo o preceptivo sistema de rexistro e pago de localidade. O prezo de cada entrada para afeccionados sen carné do RC Deportivo é de 10 euros.

Antes, ás 13:00, o Xuvenil A, á fronte da División de Honra, mídese ao Real Avilés Industrial; e o San Tirso SD Infantil ao Victoria CF ás 10:00 na Grela 1.

Cos alevíns e benxamíns (na foto principal o Fabril FC Benxamín e na inferior o Benxamín A) na última semana de amigables de pretemporada, un total de 4 partidos xogáronse hoxe sábado en ANOSACANTEIRA.

O único que competiu en casa, concretamente en Abegondo, foi o Infantil, que derrotou (4-1) ao Racing de Ferrol, outro dos equipos de cabeza da táboa na División de Honra.

Os infantís deportivistas Julen López, Adrián Fernández, Antón Vilariño, Hugo Ferreiros e Tiago Caamaño; ademais de Hugo Macedo e Iván Gil do San Tirso SD Infantil participaron o mércores nun amigable da selección galega sub-14 ante o CD Lugo cadete.

Na Grela 1 venceron ao Ural Español CF o Xuvenil B (1-2) e o Cadete (0-4).

Tamén fóra, o San Tirso SD Cadete caeu derrotado pola mínima (1-0) co Pabellón Ourense CF en Os Remedios.

Os cadetes deportivistas Antón Roura, Gael Irimia, Mauro Valeiro, Ramón Blanco e Samba Wade; ademais de Eder Vilas, Nico Akgoz e Roi Castro disputaron esta tarde coa selección galega sub-16 en Cospeito (Lugo) un amigable ante o CD Lugo de Liga Nacional xuvenil.

O calendario de partidos, cos resultados dos xa xogados, é o seguinte:

Segunda Federación
8ª xornada: FABRIL - UM ESCOBEDO, mañá domingo 20 de outubro ás 17:00 en Abegondo

Categoría xuvenil
División de Honra, 8ª xornada: XUVENIL A - REAL AVILÉS INDUSTRIAL, mañá domingo 20 de outubro ás 13:00 en Abegondo

Liga Nacional, 7ª xornada: URAL ESPAÑOL CF 1 - XUVENIL B 2 (David Mosquera e Miguel de Labra)

Categoría cadete
División de Honra, 7ª xornada: URAL ESPAÑOL CF 0 - CADETE 4 (Borja, Nico, Roi e Elías)
División de Honra, 7ª xornada: PABELLÓN OURENSE CF 1 - SAN TIRSO SD CADETE 0

Categoría infantil
División de Honra, 6ª xornada: INFANTIL 4 (Adrián, Antón Vilariño, Jaime e Hugo Caridad) - RACING DE FERROL 1
División de Honra, 6ª xornada: VICTORIA CF - SAN TIRSO SD INFANTIL, mañá domingo 20 de outubro ás 10:00 na Grela 1

Categoría alevín
CD CALASANZ 3 - ALEVÍN A 3 (Nico Rodríguez-Ponce, Mateo Cortizas e Thiago López)

Torneo 'Tres nun' en O Redondo (Montrove) 
FABRIL FC ALEVÍN 2 (Mateo Songo'o e Enzo Fernández) - ATLÉTICO PERILLO 0
FABRIL FC ALEVÍN 2 (Mateo Songo'o e Enzo Fernández) - VICTORIA CF 0

Categoría benxamín
BETANZOS CF (alevín) 3 - BENXAMÍN A 6 (Nico Castro, David Santiago, Leo Barro, Martín Coronel, Martín Martelo e Leo Galván)
BETANZOS CF A 2 - FABRIL FC BENXAMÍN 5 (Tomás Sánchez -2-, Xosé Varela, Hugo Cancela e Ian Lata)