RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ANOSACANTEIRA

Resultados hoxe sábado en ANOSACANTEIRA feminina e calendario mañá domingo, co Dépor ABANCA B como partido destacado

O encontro do Dépor ABANCA B ante o Bergantiños CF, mañá domingo 10 de novembro ás 17:00 en Abegondo, é o partido máis destacado en ANOSACANTEIRA. 

O filial marcha 2º na táboa da Tercera Federación con 21 puntos por 24 do líder, o Olímpico de León.

Óscar Orro recupera a Elena Vázquez, subcampioa do mundo sub-17 no Mundial recentemente disputado na República Dominicana.

Completan a convocatoria estas futbolistas: Martina Rivas, Vázquez, Paula Novo, Noelia Mayo, Paula Monteagudo, Redru, Sara Cercido, Carmen Carballada, Laura Otero, Laura Santos, Anfal El Yamani e Yanis Citoula; ademais de Emma Gandoy, Dunia Dahmouni e Ana Capelo do Orzán SD Sub-21; e de Antía Veiga, do Orzán SD Cadete.

Así mesmo na Torre, o Orzán SD Sub-21 recibe ao Atlético Arousana (18:00) e o Orzán SD Xuvenil á SD Tordoia (20:00 horas).

Completa a xornada dominical (12:15) o choque do Orzán SD Infantil B no campo Víctor Fernández Alonso (antiga Leyma) correspondente á Liga Galega ante o CF Batallador SD.

A xornada da fin de semana abrírona hoxe sábado 9 dúas vitorias: a do Orzán SD Cadete ante o SCD Pastoriza (10-0) e a do Orzán SD Infantil A (na foto da noticia) ante o Silva SD (1-10).

ANOSACANTEIRA celebra tamén as convocatorias de Antía Veiga para uns adestramentos coa selección española sub-16 e de Claudia Sande para un Torneo Desarrollo UEFA coa sub-15.

Ademais, as orzanistas Claudia Sande, Daniela Macedo, Martina Santamarina e Sofía Rodríguez participaron o pasado mércores nuns adestramentos coa selección galega sub-16 no Novo Municipal da Estrada.

O calendario de partidos, cos resultados dos xa xogados, é o seguinte:

Tercera Federación
10ª xornada: DEPORTIVO ABANCA B - BERGANTIÑOS CF, mañá domingo 10 de novembro ás 17:00 en Abegondo

Primera Autonómica
9ª xornada: ORZÁN SD SUB-21 - ATLÉTICO AROUSANA, mañá domingo 10 de novembro ás 18:00 na Torre (campo 2)

Segunda Autonómica
9ª xornada: ORZÁN SD XUVENIL - SD TORDOIA, mañá domingo 10 de novembro ás 20:00 na Torre (campo 2)

Liga Galega cadete
6ª xornada: ORZÁN SD CADETE 10 (Marta Moreno -3-, Naiara Fontenla -3-, Ángela Cotelo -2-, Carmen Couto e Martina Vázquez) - SCD PASTORIZA 0

Liga Galega infantil
6ª xornada: SILVA SD 1 - ORZÁN SD INFANTIL A 10 (Telma García -2-, Alba García -3-, Helen Vega -2-, Carolina Lago, María López-Perales e Lara Vázquez)
6ª xornada: CF BATALLADOR SD - ORZÁN SD INFANTIL B, mañá domingo 10 de novembro ás 12:15 no campo Víctor Fernández Alonso (Leyma)