Seguen á venda as entradas de público para o Dépor - SD Eibar deste luns ás 20:30 en ABANCA-RIAZOR
Seguen á venda as entradas de público para o partido en ABANCA-RIAZOR fronte á SD Eibar, correspondente á 14ª xornada en LaLiga Hypermotion, previsto para o luns 11 de novembro ás 20:30.
Os prezos oscilan entre os 120 euros da nova Tribuna Inferior VIP (con acceso a catering) e os 20 euros de Marathón Superior, Marathón Inferior, Pavillón Superior e Pavillón Inferior.
En Marathón Inferior as entradas son nominativas. Por conseguinte, aqueles abonados que queren comprar unha entrada de público para a dita bancada teñen que facelo de maneira presencial na Oficina de Atención ao Deportivismo (OAD) presentando o DNI da persoa abonada.
As entradas poden adquirirse en calquera momento a través da páxina bancada.rcdeportivo.es e na OAD co seguinte horario de luns a venres: de 10:00 a 13:30 e de 16:30 a 19:00 horas.
Ademais, xa está operativa tamén a posibilidade de que as socias e os socios liberen os seus asentos, en caso de non poder acudir a ABANCA-RIAZOR, nesta ligazón.