RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#OSNOSOS

Segundo partido consecutivo para o Dépor en Portugal, esta vez ante o Gil Vicente FC

Despois do empate de onte martes ante o FC Famalicão, a DéporXira Auga de Parada ten como protagonista esta tarde ao Gil Vicente, un club portugués que milita na Segunda División.

O encontro, que arrinca ás 20:30 en Galicia (19:30 hora local) no Estadio Cidade de Barcelos será retransmitido en directo pola canle oficial de YouTube do RC Deportivo grazas a Auga de Parada.

Esta firma, referente histórico en cidade no equipamento para baños, fai posible a retransmisión de todos os partidos de pretemporada.

Auga de Parada esponsorizó as retransmisións da última DéporXira, a da pretemporada 2023-24, e patrocinou durante as dúas últimas campañas as emisións de partidos desde Abegondo, que comezaron durante o curso 2022-23 con todos os encontros do Dépor ABANCA e algúns de Fabril e Xuvenil A.

Esta mañá, Os Nosos realizaron no Complexo Deportivo de Lousada unha suave sesión de activación previa ao encontro, con mobilidade, estiramentos e baños de auga fría para para poñer a ton a musculatura tras o esforzo de onte.

Raúl Alcaina foi o único que se adestrou no terreo de xogo acompañado polo readaptador, Fernando Rodríguez.

Do mesmo xeito que o FC Famalicão, o Gil Vicente FC aproveitará o encontro ante o Dépor para realizar a súa presentación oficial ante a afección, bautizado como 'Día Á Gil', durante o cal haberá actuacións musicais e diversas actividades para o público.

A entrada ao Estádio Cidade de Barcelos será gratuíta.

Até a data nesta pretemporada o conxunto portugués caeu ante o RC Celta (1-0); venceu ao Río Ave FC (2-1); e empatou co GD Chaves (1-1) e o SC Braga B (1-1).