Tino Fernández, reelixido presidente do Real Club Deportivo co apoio do 98,998 % da Xunta de Accionistas
A Xunta Xeral de Accionistas do Real Club Deportivo da Coruña SAD deu o seu apoio case unánime ao proxecto do consello de administración encabezado por Tino Fernández.
Ante 138 accionistas presentes, representando a 2.277 accionistas, o que supón a presenza ou represantación dun capital de 3.593.919,90 euros (o 34,91810 % do capital social), a proposta de 6 membros do consello de administración, e que estes 6 membros sexan Constantino Fernández Pico, Enrique Calvete Pérez, Juan José Jaén Rodríguez, Ramón Piña Martínez, Martín Pita López e Daniel Ramos Lobón recibiu o apoio do 98,998 % da Xunta de Accionistas (59.799 accións das 171.255 que conforman o capital social do Real Club Deportivo da Coruña SAD).
1. Número de membros do consello de administración:
Si: 59.200 (98,998 %) Nulo: 599 (1,002 %)
Nomeamento de conselleiros de forma individualizada (Constantino Fernández Pico, Enrique Calvete Pérez, Juan José Jaén Rodríguez, Ramón Piña Martínez, Martín Pita López e Daniel Ramos Lobón):
Tralo nomeamento do novo consello de administración, o reelixido presidente, Tino Fernández, dirixiuse ao auditorio presente no Salón Arao de Palexco para realizar o seu primeiro discurso desta nova etapa, un discurso que pode descargarse e lerse, integramente, aquí: