RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#OSNOSOS

Un partido de adestramento contra o Fabril puxo o punto e final á segunda semana de pretemporada do Dépor

Un partido de adestramento a campo completo contra o Fabril puxo o punto e final esta mañá en Abegondo á segunda semana de pretemporada.

Imanol Idiakez dispuxo ante o filial de 2 tempos de 45 minutos cun once distinto en cada un, nun primeiro ensaio de cara ao primeiro amigable do verán, o martes 23 de xullo ás 20:00 no Couto ante o Ourense CF.

Non participaron na sesión os 3 futbolistas que están con traballo personalizado co readaptador Fernando Rodríguez: Jose Ángel, Alcaina e Escudero.

Rubén López, Nájera, Pablo García e Kevin foron os representantes de #ANOSACANTEIRA.

Mañá domingo hai xornada de descanso para Os Nosos. O Dépor regresa a Abegondo o luns 22 con almorzo na instalación a partir das 8:30 e traballo sobre o céspede ás 10:30.

GALERÍA DE FOTOS EN FACEBOOK