RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
FUNDACIÓN

Viveiro cumprirá por novena vez coa súa cita co DéporCampus Cabreiroá

O Concello de Viveiro acolleu este xoves 20 de xuño a presentación do DéporCampus Cabreiroá que terá lugar na localidade da Mariña lucense.

O acto de presentación contou coa participación de Jesús Fernández Fernández, segundo tenente de alcalde de Viveiro; Francisco Rojo Vizoso, presidente da SD Viveiro, e Sergio Maurente, coordinador de programa local da Fundación RC Deportivo.

A actividade, que se celebra ininterrompidamente desde 2016, terá lugar entre os días 1 e 5 de xullo, en horario de 10:00 a 14:00. O campo municipal do Cembedo - Marcos Gómez será o escenario dun campus destinado a nenos e nenas de entre 6 e 14 anos.

Os interesados poden consultar toda a información da sede de Viveiro e realizar o proceso de inscrición até as 14:00 do martes 25 de xuño nesta ligazón.

Para calquera dúbida ou consulta coa súa inscrición, os interesados poden contactar directamente coa organización na dirección de correo electrónico deporcampus@rcdeportivo.es.