Yeremay Hernández estréase mañá xoves 10 de outubro coa selección española sub-21. O seu rival na localidade andaluza de La Línea de la Concepción será Kazajistán a partir das 20:30 horas.
Co de mañá e o do martes 15 ante Malta, España pecha a fase de clasificación para o Campionato de Europa sub-21 de Eslovaquia 2025.
O calendario de Yeremay e da selección española sub-21 é o seguinte:
Xoves 10 de outubro 20:30: ESPAÑA - KAZAJISTÁN, en Estadio Ciudad de La Línea en La Línea de la Concepción
Martes 15 de outubro 17:00: ESPAÑA - MALTA, no Estadio Nuevo Mirador de Algeciras
Finalizado este encontro, Yeremay regresará á Coruña.
O RC Deportivo felicita en primeiro lugar ao canteirán pola súa convocatoria e considera que é o recoñecemento ao seu gran traballo; pero ao mesmo tempo lamenta o prexuízo deportivo que lle supón non poder contar polo citado motivo cun xogador fundamental no encontro contra o Elche CF da próxima xornada.
En segundo lugar subliña que non deter a liga Hypermotion durante o período FIFA de seleccións representa un importante menoscabo para a competición e para os clubs que perden futbolistas pola citación das seleccións.
E terceiro, o RC Deportivo espera que esta anomalía poida solucionarse nun futuro polo ben da competición e dos clubs.