RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL

0-0 Os reis do empate

O Deportivo empatara a ceros contra o Tenerife en Riazor e confirmábase como un equipo cun baixo potencial atacante. O empate manifestábase como o resultado predilecto dos branquiazuis, ata o punto de que a súa posición na clasificación situábase no máis

O Tenerife empatou en Riazor
0-0: O DEPORTIVO NON MARCHA

DEPORTIVO: Buyo; Pardo, Piris, Vituco; Ballesta, Albino; Piño, García, Merlo, García Castro e Pousada.

Está claro que o Deportivo da Coruña non marcha. Fronte ao Tenerife deixou escapar o único positivo que tiña. O equipo coruñés ha evidenciado lentitude, falta de garra e nulidade no remate. Son tres condicionantes de peso que por si sós establecen a triste realidade desa igualada a ceros. Non poden manexarse, como paliativos ao empate, que o vento soprase con forza nin que o campo estivese bastante pesado.

A final de contas se un equipo tiña que sentirse máis incómodo nun terreo brando, ese era o Tenerife; o certo é que os discípulos de Mariano Moreno souberon moverse con máis velocidade ?excepto o ariete Marcial, lento de seu e moi vixiado ademais por Ballesta-, contrarrestada polos branquiazuis só nalgunhas fases do segundo tempo.

Desde os primeiros compases observouse claramente que o suramericano Kraus tenia como exclusiva consigna secar a Piño como fose (...). No centro do campo era visible o nulo traballo de Albino, e como por outra banda a dianteira herculina denotaba escasa facilidade para atopar o oco na cobertura tinerfeña, o defensa Piris recibiu a orde de buscar a maneira de penetrar (...). Dominou máis o Deportivo e proba diso é que na primeira parte lanzou nove saques de esquina.

(...) O Tenerife con todo non perdía os papeis, sinó que loitaba con verdadeiro afán. Mesmo non debe esquecerse que a nove minutos do final Illán estivo nun trtis de inclinar a balanza a favor dos canarios. Despois, unha toma e daca sen relevo e final dun encontro falto de calidade.