Á venda na OAD para os abonados as entradas para o UD Almería - Deportivo
Hoxe venres 8 de novembro, o martes 12 e o mércores 13 de novembro están á venda na Oficina de Atención ao Deportivismo (OAD) do Estadio de ABANCA-RIAZOR na Avenida da Habana s/n as entradas para os abonados que desexen animar ao Deportivo o vindeiro domingo 17 de novembro ás 18:30 no UD Almería Stadium ante o UD Almería.
Será imprescindible que a persoa que adquira as entradas (até 2 por abono) indique nome e apelidos; DNI, copia ou imaxe, de cada persoa que as vai a utilizar, e que unha delas pertenza á persoa titular do abono; e un correo electrónico para o que a UD Almería envíe as entradas.
O club almeriense asignou un total de 400 localidades na bancada visitante ao prezo de 20 euros. O 40% das mesmas, un total de 160, serán xestionadas pola Federación de Penas.
A data límite será o mércores 13 de novembro ás 19.00. O horario da OAD os 3 días é de 10:00 a 13:30 e de 16:30 a 19:00 horas.